A Roda presenta o seu primeiro traballo sen Fito

“Outra volta de Roda” é o novo traballo do grupo A Roda que ese presentará o 17 de maio en Vigo. Será o primeiro disco sen o seu cantante, Fito.  Najla Shami, Emilio Rúa, Sés, Luís Iglesia, Luís Vaamonde, Miguel Costas, Pancho Álvarez colaboran no disco. 

A Roda
photo_camera A Roda

“Despois de moitos anos de bagaxe quixemos voltar á fonte limpa, revisamos o pasado para escribir o futuro, dende unha nova óptica, este disco é produto das nosas inquedanzas, de novas experiencias, da madurez”, explican no inicio do novo libro-cd “Outra Volta de Roda”, que fai o número dezaseis do grupo de folc.  

No cd busca “condensar” a historia da agrupación, as catro décadas contando coa “mirada persoal” dos seus participantes, xunto coas colaboracións de  Najla Shami, Emilio Rúa, Sés, Luís Iglesia, Luís Vaamonde, Miguel Costas, Pancho Álvarez... ademais doutras contribucións, entre elas, ao do pintor Ramón Trigo. 

O novo traballo, que se compón por trece temas, supón tamén unha homenaxe ás persoas que pasaron durante estes corenta anos pola formación, de maneira especial á inconfundíbel voz de Fito, o que definen como “eixo d´a Roda”. O grupo presenta o disco como “retorno ou labranza do pasado, como revolta ou cambio no futuro”. A Roda presentará o seu dísco o día 17 de maio, Día das Letras Galegas cun concerto no Auditorio do Concello de Vigo ás 20 horas.

Comentarios