A Sala Ártika contará con 42 espectáculos para celebrar o 10º aniversario

As representancións comezarán a partir do 6 de setembro coa realización do circuíto Fegatea de teatro amador organizado pola compañía Fauna 113.
Marcos Alonso, Jacobo Sutil, Fernanda Barrio e Gorka Gómez (Foto: Nós Diario).
photo_camera Marcos Alonso, Jacobo Sutil, Fernanda Barrio e Gorka Gómez (Foto: Nós Diario).

Ártika presentou esta segunda feira a programación do segundo semestre nun acto en presenza de Jacobo Sutil, director da Agadic, Gorka Gómez, concelleiro de Cultura e como responsábeis de dirección da sala, Fernanda Barrio e Marcos Alonso.

Vinte e nove compañías traerán á cidade 42 representacións de teatro familiar, espectáculos para público adulto e danza. Celebrarán os seus dez anos funcionando a partir do 6 de setembro coa realización do circuíto Fegatea de teatro amador organizado pola compañía Fauna 113. 

Ese mesmo mes recibirá o XXII circuíto de creación escénica contemporánea, organizado pola Rede de Teatros Alternativos. Desta vez achegará a proposta de danza familiar  da compañía Blink Flash de Murcia, e o espectáculo adulto Rumbo a Farout de Onírica Mecánica de Catalunya. Ademais, do 19 de outubro ao 17 de novembro realizará o V Ciclo de comedia Comediártiko con espectáculos como Neura,  da compañía galega De Ste Xeito Producións.

Por último, para crianzas chegará o X Festival Pequeártiko de Nadal que terá lugar do 23 ao 31 de decembro.

Máis en CULTURA
Comentarios