Sarabela Teatro estrea un novo espectáculo familiar en Ourense

A Cincenta que non quería comer perdices representarase no Teatro Principal os días 18 e 19 de setembro.
Fina Calleja dirixe eata montaxe de Sarabela.
photo_camera Fina Calleja dirixe eata montaxe de Sarabela.

Onte presentouse en Ourense a próxima estrea, no Teatro Principal da cidade, do último espectáculo de Sarabela Teatro, A cincenta que non quería comer perdices, unha peza escrita por Nunila López Salamero, e dirixida por Fina Calleja.

A Cincenta que non quería comer perdices, destinada a público familiar e maiores de 11 anos, representarase no Principal os días 18 e 19 de setembro.

A directora da obra, Fina Calleja, explicou que esta autoprodución de Sarabela Teatro, baseada no texto de López Salamero, "é un conto moderno para nenos e nenas que revisa con humor o papel que desenvolveu a muller durante moito tempo. É un alegado que defende a liberdade de ser quen unha queira ser e como unha queira ser".

A obra fala dunha moza perdida que pretende desmontar os falsos mitos ao redor do amor romántico, así como de tantas historias de princesas liberadas por príncipes azuis que, en demasiados casos, "saen ras". Así, pon en cuestión o papel que xogaron na historia os contos de fadas nos que se acaba por promover o rol das nenas como entes pasivos agardando a que lles pidan a man. A obra fala de temas tan de actualidade como a violencia de xénero, que segue sendo un problema entre os máis novos. 

Comentarios