Abanca está a piques de vender a súa porcentaxe na aseguradora Caser, que é de 9,99%, froito das participacións das antigas caixas de aforro galegas. O importe da operación, aínda por concretar, podería superar os 1.000 millóns de euros, polo que a entidade presidida por Juan Carlos Escotet embolsaría preto de 100 millóns de euros.
Esta sexta feira, Abanca, xunto con CaixaBank, Bankia e Covéa, anunciou a sinatura dun acordo de exclusividade coa aseguradora Helvetia para fechar a negociación da súa participación na firma de seguros.
Abanca conta coa menor participación, xa que Covéa, accionista maioritario ostenta 20%, Bankia 15% e CaixaBank 11,51%.
O período de negociación en exclusiva estenderase catro semanas, nas que Helvetia terá acceso a máis información do negocio para perfilar unha oferta final sobre a aseguradora, a que se poderían sumar o resto de accionistas, entre os que se atopan entidades como Ibercaja, Liberbank ou Unicaja, entre outros.