Oito territorios replican o PP e recorren a Lei de amnistía no Tribunal Constitucional

Un Goberno do PSOE presenta unha apelación.
O líder de Castela-A Mancha, E. García-Page (PSOE), o sábado. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)
photo_camera O líder de Castela-A Mancha, E. García-Page (PSOE), o sábado. (Foto: Carlos Luján / Europa Press)

Despois de que a semana pasada o Partido Popular (PP) presentara un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de amnistía, a segunda feira foron 7 dos 13 Gobernos autonómicos que ostenta -nun máis, en Canarias, forma parte do Executivo liderado por Coalición Canaria- os que rexistraron o recurso no Tribunal Constitucional.

Ademais da Galiza, Andalucía, Aragón, Madrid, Cantabria, País Valencià e Murcia tamén presentou unha apelación Castela-A Mancha, un dos catro Executivos territoriais encabezados polo PSOE. A voceira do Goberno de Emiliano García-Page, Esther Padilla, insistiu en que a norma é “inconstitucional porque rompe o principio de igualdade entre os cidadáns”.

O prazo límite para os recursos á medida de graza a favor das persoas independentistas catalás represaliadas polo Estado expira mañá.

Fontes do órgano xudicial trasladaron a medios estatais que consideran segura a aceptación da constitucionalidade da Lei, adiantando que os recursos serán descartados cos seis votos de maxistradas e maxistrados progresistas contra os cinco dos conservadores.

Comentarios