Galiza volve dos Xogos Paralímpicos de París cun total de cinco medallas

O ouro de Susana Rodríguez foi o maior logro galego dos Xogos Paralímpicos de París. 
A viguesa Susana Rodríguez Gacio e a súa guía Sara Pérez, medalla de ouro en Paris 2024. (Foto: @Paris2024).
photo_camera A viguesa Susana Rodríguez Gacio e a súa guía Sara Pérez, medalla de ouro en Paris 2024. (Foto: @Paris2024).

Os Xogos Paralímpicos de París 2024 remataron este domingo cun bo balance para a representación galega: cinco medallas e varios diplomas. Entre os metais máis sinalados estivo o de Susana Rodríguez Gacio que conseguiu revalidar o seu ouro de Toquio na modalidade de paratríatlon. 

O resto de metais foron de bronce. Un deles veu da man do coruñés Damián Ramos e foi na proba de contrarreloxo C4, ademais de contar cun diploma nade ruta. Tamén o pontevedrés residente en Vigo que viaxou até París con grandes expectativas foi José Antonio Saavedra. O tirador conseguiu un bronce na proba de rifle 10 metros e estivo a piques de conseguilo na de 50 metros carabina tendido.

Outra das medallas foi a de Judith Rodríguez en esgrima en cadeira. A viguesa conseguiuno na súa primeira participación bronce en esgrima en cadeira, na modalidade de florete, na súa primeira participación. Ademais conseguiu diploma na modalidade de espada. premio engadido para ela foi ser abandeirada na cerimonia de clausura de onte.

Da mesma cidade é o tenista Martín de la Puente que conseguiu medalla de bronce na proba de dobres xunto co madrileño Dani Caverzaschi. Na de individuais fixo un bo papel mais tivo que conformarse con diploma nas semifinais. 

Máis diplomas

Completaron a colleita de diplomas para a Galiza a atleta Adiaratou Iglesias, Manu Lorenzo, Jacobo Garrido, Vicky Vilariño e Juan Ferrón. Entre as opcións que se barallaban figuraba o baloncesto masculino e feminino mais non houbo posibilidades. No caso de Manu Lorenzo, a selección española caía en cuartos ante Alemaña e no de Vicky Vilariño o posto foi o oitavo tras perder de forma clara o seu equipo por 72-55 ante Xapón. 

Comentarios