Natividade López

"Estamos nun momento de incerteza"

Esta quinta feira quen toma a palabra no #VenhanMáisCinco é Natividade López, economista do gabinete técnico da CIG. 

natividadelópez

-Como avalías o estado actual da economía galega?

-Estamos nun período de crecemento económico pero con incremento das desigualdades sociais.
Se ben o PIB leva 3 anos consecutivos incrementándose, esta mellora non se traslada ao mercado de traballo; os empregos que se están creando son de moi escasa duración e baixos salarios, de aí que ano a ano os asalariados continúan perdendo peso no PIB.


 
-Que evolución agardas no plano económico/laboral galego a cinco anos vista?

-A incerteza é elevada, xa que a chamada recuperación económica se sustenta fundamentalmente en factores externos: prezo do petróleo, baixos tipos de xuro… , pero aínda que esta continúe, como non se produza un xiro nas relacións laborais, continuará o deterioro do mercado de traballo, incrementándose as desigualdades sociais e o numero de persoas en risco de exclusión social.
 


-Que esperas de Sermos nos próximos cinco anos e en que cres que debemos e/ou podemos mellorar?

-Sería importante que se convertese no referente da análise socio económica e política de Galiza.
 

Comentarios