O acceso ás axudas da PAC mudan de condicións

O novo Real Decreto contempla a práctica do abonado en verde.
Agricultura (Foto: Xunta da Galiza).
photo_camera Entre as modificacións figura a xestión da labranza. (Foto: Xunta da Galiza).

O Goberno español aprobou esta terza feira o Real Decreto que flexibiliza as condicións para o acceso ás axudas da Política Agraria Común (PAC) e concreta as propostas de simplificación para flexibilizar o acceso ás axudas comunitarias. Nelas inclúe 43 medidas comprometidas para dar resposta ás preocupacións dos sector agrícola e gandeiro

En concreto, o Consello de Ministras e Ministros modificou  o Real Decreto relativo á aplicación das condicións da PAC. Neste sentido, cambia o alcance de catro das Boas Condicións Agrarias e Ambientais da terra (BCAM) e flexibiliza a aplicación de controis e penalizacións en materia de condicións. As medidas entran en vigor este mesmo ano, con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro.

Entre as modificacións figura a xestión da labranza, engadíndose novas excepcións para o seu cumprimento nas parcelas de menor tamaño, así como para determinados cultivos leñosos xa implantados. Ademais, contémplase a práctica do abonado en verde e que sobre os restrollos dos cultivos herbáceos poidan realizarse labores pouco profundos. Neste contexto, permítese, ademais, facer uso das cubertas inertes no caso das plantacións de cultivos leñosos en parcelas cunha pendente superior a 10%.

Alén diso, tense en conta que, por razóns climáticas locais, o período no que é necesario manter as cubertas vexetais nos cultivos leñosos poida estar axustado pola comunidade autónoma correspondente a catro meses consecutivos.

Por último, obsérvase como alternativa ás obrigas de rotación de cultivos que se poidan realizar unicamente unha diversificación anual dos mesmos na súa explotación.

Comentarios