O IPC estatal baixa dúas décimas en xuño, até 3,4%

A moderación do IPC ten a súa explicación no abaratamento dos carburantes e tamén no feito de que os prezos dos alimentos subiron en xuño menos que no mesmo mes de 2023.. 
a moderación do IPC ten a súa explicación no abaratamento dos carburantes (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press).
photo_camera a moderación do IPC ten a súa explicación no abaratamento dos carburantes (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press).

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu a nivel estatal 0,3% en xuño en relación ao mes anterior, mais recortou dúas décimas a súa taxa interanual, até 3,4%, segundo os datos avanzados esta sexta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

O organismo público  puxo de manifesto que a moderación do IPC ten a súa explicación no abaratamento dos carburantes e tamén no feito de que os prezos dos alimentos subiron en xuño menos que no mesmo mes de 2023. 

Pola contra, o departamento de Estatística destaca a influencia á alza no IPC do grupo de lecer e cultura, cuxos prezos subiron este mes máis que en xuño do ano pasado. Con este  descenso do IPC interanual no sexto mes do ano, a inflación pon fin a tres meses consecutivos de ascensos, despois das subas experimentadas en marzo, abril e maio.

O INE incorpora no avance de datos do IPC unha estimación da inflación subxacente (aquela que non conta con alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos), que en xuño se mantivo en 3%, a mesma taxa que en maio e catro décimas inferior á do IPC xeral.

En termos mensuais (de xuño sobre maio), o IPC avanzou tres décimas, rexistrando así o seu sexto incremento mensual.

Comentarios