Juan Carlos Escotet e Francisco Botas seguirán a fronte de Abanca

O banco gañou 711,3 millóns de euros en 2023.
Escotet, no centro e, á súa esquerda, Botas, esta terza feira na Coruña (Foto: Abanca).
photo_camera Escotet, no centro e, á súa esquerda, Botas, esta terza feira na Coruña (Foto: Abanca).

Francisco Botas continuará en calidade de conselleiro executivo por un período adicional de tres anos tras a votación realizada por accionistas da entidade, segundo informou o banco nun comunicado remitido á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).

Ademais, reelixiuse Juan Carlos Escotet como presidente, Pedro Raúl López como conselleiro externo, e a Manuel López máis Eduardo Araña como conselleiros independentes. 

Alén diso, a xunta xeral de accionistas de Abanca aprobou as súas contas anuais de 2023 e a xestión da entidade en materia de responsabilidade corporativa ao longo do ano pasado.

Escotet, representado por 90,092% do capital social da compañía, non tivo problemas para aprobar por unha ampla maioría os oito puntos do día.

A xunta decorreu de maneira presencial, aínda que tamén outorgaba a opción de participar por vía telemática. Nela aprobáronse unhas contas anuais nas que consta un beneficio neto por valor de 711,3 millóns de euros e unha rendibilidade de retorno sobre o capital tanxible (ROTE) de 16%.

Comentarios