Aumentan as voces que demandan apoiar a greve xeral o 3 de outubro en Catalunya

Sindicatos alternativos rexistraron hai días a convocatoria. Após o acontecido este 1-O novos actores apoian este paso. Está a haber contactos a diversas bandas.

estación de compostela greve de transporte por estrada

Desembocará o referendo do 1-O nunha greve xeral o 3-O? Pois. Embora que só 48 horas separan as dúas datas, sería moito aventurar. O que si se pode dicir é que a convocatoria apuntada hai varios días por sindicatos alternativos para un paro xeral o 3 de outubro  ten máis forzas agora que daquela. De feito, Anna Gabriel (CUP) realizou este domingo unha chamada á greve xeral a terza feira. De momento, nin os outros actores políticos do independentismo nin os dous grandes sindicatos (CC, UXT) están polo labor. Mais xa hai voces nalgúns deles que optan por non rexeitalo frontalmente.

De feito, este domingo houbo contactos entre o vicepresident da Generalitat e dirixentes de CCOO e UXT. Sobre a mesa, a greve xeral. 

CGT, Intersindical-CSC, COS e IAC están na convocatoria da greve, para a que a Generalitat xa organizou os servizos mínimos. A convocatoria responde a un protesto contra a depauperación de condicións laborais e tamén de protesto contra a represión e recorte de liberdades e dereitos civís en Catalunya. 

Comentarios