Condenada a 6 meses de inhabilitación a alcaldesa de Berga por non retirar a estelada do Concello

Montse CUP Catalunya estelades
photo_camera Montse Venturós

A alcaldesa de Berga, Montse Venturós, foi condenada polo xulgado de Manresa a seis meses de inhabilitación e 545 euros de multa por non retirar a estelada (bandeira independentista catalá) da fachada do Concello, segundo avanza a canle 24 horas de TV3. O delito polo que estaba acusada era desobediencia.

Segundoaponta o medio catalán, a alcaldesa vai desobedecer e continuará como rexedora nste concello de 16.000 habitantes dfa provincia de Barcelona.  A decisión definitiva, porén, adoptarase nunha asamblea.  A sentenza non é firme e poderá ser recurrida.

En novembro de 2016 axentes dos Mossos d'Esquadra presentáronse na morada de  Montsé Venturós para proceder á súa detención.  Venturós era investigada por un presunto delicto electoral por non retirar a 'estelada', bandeira independentista catalá, da fachada da Casa do Concello de Berga durante as eleccións catalás do 27 de setembro e as estatais do 20 de decembro de 2015. Ela negouse en dúas ocasións a declarar perante os xulgados por estas actuacións.

Comentarios