EUA creou un 'twitter' cubano para impulsar revoltas contra o goberno

A axencia estadounidense ASSOCIATED PRESS afirma que esa rede social ('ZunZuneo') foi financiado por unha axencia de EUA para espallar entre @s usuari@s mensaxes que promovesen protestos e ''socavar o goberno comunista''.

Raul Castro e Obama [Imaxe: Cubadebate]
photo_camera Raul Castro e Obama [Imaxe: Cubadebate]

Como nos mellores filmes de espías e conspiracións. Estados Unidos impulsou e creou en secreto unha especie de 'twitter' cubano para transmitir a través desa rede social mensaxes e proclamas que derivasen en protestos e revoltas contra o goberno da illa. Mais non é un guión hollywoodiense, senón a realidade.

Así o afirman desde Associated Press, unha axencia de noticias estadounidense. Unha investigación de tres xornalistas, destaca como esa rede social, chamada 'ZunZuneo', estaba financiada por Usaid, unha axencia estadounidense para, en teoría, “fomentar o desenvolvemento”. ZunZuneo estivo oprativa entre 2010 e 2012 e chegou a ter 40.000 usuari@s.

Todo planeado ao milímetro

Documentos os que tivo acceso AP nesta investigación apuntan que o obxectivo era, unha vez que esta rede tivese un amplo número se seguidores, transmitr mensaxes, novas... destinadas a xerar revoltas e protestas contra o goberno. Non o farían nun primeiro momento, tal e como recolle a investigación. Nos primeiros pasos as novas en 'Zunzuneo' (palabra derivada de 'zunzún', que é como se lle di en Cuba ao colibrí) só daría o que os impulsores denominaron “contido non controversial” (deportes, música, sociedade,...) para ir gañando a confianza e captando á mocidade cubana.

Non mencionar EUA para gañar a confianza da xente

Nesta operación tomaron parte funcionarios de Estados Unidos (como Joe McSpedon) e contratistas especializados en tecnoloxía e con experiencia en Nicaragua, Costa Rica... Tiñan claro que a participación do goberno de EUA tiña que ficar no máis absoluto secreto. “Non se mencionará en absoluto a participación do goberno estadounidense- É totalmente crucial para o éxito do servizo e para garantir o cumprimento da misións”.

Acceso irregular

A administración de EUA contou para desenvolver esta rede cunha compañía , CAI, con sede en Washington e que recibiu millóns de dólares en contratos co goberno estadounidense.

A compañía, sinala AP; accedeu de forma irregular a unha base de dados de máis de medio millón de cuban@s con telefonía móbil.

Comentarios