Faleceu a xornalista Victoria Prego

Filla do xornalista ourensán Adolfo Prego de Oliver, e sobriña do pintor Manuel Prego de Oliver, en 2014 recibiu, de mans do entón presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e do presidente da Deputación, José Manuel Baltar, o Premio Ourensanía 2014, impulsado pola institución provincial.
victoria prego europa press
photo_camera Victoria Prego (Foto: Europa Press)

Victoria Prego, a xornalista que 'retratou' a transición española, faleceu esta madrugada aos 75 anos, segundo adiantou o xornal El Independiente, medio no que traballaba como adxunta ao director, e confirmou a Asociación da Prensa de Madrid (APM).

A Xunta Directiva da APM quixo expresar a súa "profunda tristeza ante a irreparábel perda.

Prego, nacida en Madrid en 1948, estudou Ciencias Políticas e Xornalismo e iniciou a súa carreira en 1973 nos servizos Informativos de TVE, onde traballou ata 1994 á fronte de numerosos programas en directo, documentais e en RNE.

Ao longo da súa carreira entrevistou importantes personaxes da vida política, económica, social e cultural no Estado español, ademais de ser colaboradora de distintas publicacións, e en 2000 incorporouse ao diario El Mundo, onde foi adxunta ao director.

En setembro 2016, lanzou, xunto con outros compañeiros, o dixital El Independiente, do que era adxunta ao director.

Comentarios