Folga de fame de pres@s políticos mapuches para que Chile deixe de aplicar a Lei anti-terrorista de Pinochet

O protesto trae a primeiro termo a aplicación 'indiscriminada' por gobernos chilenos de dereitas e centro esquerda da lei anti-terrorista, vixente desde a ditadura de Pinochet, contra este pobo indíxena.

mapuche010_18_45_19-512x270

A cuestión mapuche é a proba do algodón ante a que ten naufragado na recente historia de Chile o compromiso cos dereitos humanos dos gobernos de centro-esquerda. Unha Lei anti-terrorista da época de Pinochet que ten sido aplicada polo executivo de Bachelet (Partido Socialista) sen ningún tipo de complexo. O resultado: centos de mapuches detidos, ducias de prisioneir@s. E varios mortos (como, entre outros, os mozos Matías Catrileo, Jaime Mendoza Collío ou Alex Lemún ) por 'excesos policiais'. Este pobo indíxena (que os conquistadores españois bautizaran como araucanos) leva séculos de loita polos seus dereitos sobre o territorio que habitan e na defensa da súa identidade cultural, un combate que os enfronta co goberno central e tamén coas grandes multinacionais que (con licenza do goberno) explotan os recursos naturais desta rexión.

Organismos como AI ou o relator da ONU cualificaron os xuízos contra activistas mapuches como "de legalidade cuestionábel"

Esta semana catro presos políticos mapuches na cade de Angol (Juan Bernardo Licán Melinao, Luis Marielo, Leonardo Quijón ie Cristian Melinao) comezaron unha nova folga de fame. @s familiares advertindo que van levar a folga “ata as últimas consecuencias”. A lista de demandas confórmana dous puntos: que se revisen as súas condenas, fixadas en base a controvertidas declaracións de testemuñas protexidas. E que se indulte a un quinto preso, que sofre unha enfermidade en estado terminal.

Nas comunidades mapuches levan sucedéndose nestes días mobilizacións, encerros e protestos en solidariedade cos catro presos.

Organismos como Amnistía Internacional ou o relator especial da ONU para pobos indíxenas teñen afirmado que os xuízos en Chile contra activistas mapuches “teñen unha legalidade cuestionábel”.

“O Estado chileno chegou aquí hai 130 anos de mala maneira”

A folga ten de pano de fondo a oposición desta poboación indíxena a unha Lei Anti-terrorista vixente desde a época dictatoria de Pinochet e que sofren e padecen moi directamente. O contexto no que se desenvolve o protesto, porén, non é o mesmo que nestes anos de escalada represiva. Unha mostra é que o ministro de Xustiza de Chile reuniuse con familiares dos presos en folga malia que a xuntanza finalizase sen acordo. O goberno chileno dixo tamén que estaba disposto a estudar as demandas dos folguistas en base a “unha proposta en relación coa lei”.

Mais o paso máis importante foi o feito hai unhas semanas polo representante presidencial na rexión da Araucaria e na que pedía perdón o pobo mapuche “pola desposesión que o Estado de Chile fixo das súas terras”. Francisco Huenchumilla afirmaba que Chile tiña “unha débeda cos mapuches e recoñecía que o desembarco nesa zona do Estadio chileno hai 130 anos foi “de mala maneira”.

Os mapuches (en mapudugún significa xente da terra) escoitaron as palabras do representante do estado e responderon: “Feitos, non palabras”.

Comentarios