Junts pide repetir o voto exterior do 12M e denuncia 'graves irregularidades'

A formación de Carles Puigdemont afirma que hai votos que "non entraron en urna e foron destruídos".

Comparecencia de Carles Puigdemont con deputadas e deputados de Junts en Perpinyà (Catalunya Nord) tras as eleccións (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press).
photo_camera Comparecencia de Carles Puigdemont con deputadas e deputados de Junts en Perpinyà (Catalunya Nord) tras as eleccións (Foto: Glòria Sánchez / Europa Press).

Junts pediu esta fin de semana que se repita o voto do Censo dos Españois Residentes Ausentes (Cera) das eleccións catalás e alegou "graves irregularidades", segundo informaron desde a candidatura.

En varias queixas ante as catro Xuntas Electorais Provinciais (JEP) catalás, Junts alega que "se vulneraron os dereitos dos electores" e, por este motivo, pide "suspender a proclamación dos resultados até que se repita de novo esta votación".

Votos "destruídos"

A queixa á Xunta de Barcelona da formación de Carles Puigdemont ten como base a constatación de que algúns votos quedaron fóra do reconto total.

En concreto sinalan que na provincia de Barcelona hai 1.922 votos non escrutados recibidos, “a non ser por erro ou omisión” que nesta circunscrición, “non entraron en urna e destruídos”, correspondentes ao voto CERA cun total de 17.384 votantes.

O argumento é semellante noutras circunscricións como a de Lleida, onde aseguran que hai un total de 320 votos non escrutados. En Girona, a cifra ascendería a 446 votos non escrutados, mentres que de Tarragona non achegan datos mais afirman que a situación sería a mesma.

Comentarios