País Valencià

Unha muller dá a luz nun autobús urbano de València

Foi tan repentino que en apenas cinco minutos naceu o bebé, asistido en principio polo pai e o condutor e, despois, por toda a pasaxe.
Un autobús urbano de València. (Foto: Europa Press)
photo_camera Un autobús urbano de València. (Foto: Europa Press)

Unha muller deu a luz a un bebé esta quinta feira mentres circulaba nun autobús urbano da EMT, a rede de transporte público valenciana, nun parto de urxencia asistido polo pai en colaboración co resto da pasaxe, segundo veñen de informar fontes do consistorio. O bebé é un neno e atópase ben, igual que a nai.

Ocorreu contra as 7.30 horas desta mañá. Unha muller, acompañada do seu marido, subiu a un bus da Liña 63 de EMT València perto do Paseo Marítimo da cidade e, aos poucos minutos, chegando ao final da Avinguda Dels Tarongers, púxose de parto. Foi tan repentino que en apenas cinco minutos naceu o bebé, asistido en principio polo pai e o condutor e, despois, por toda a pasaxe.

O condutor do autobús, Antonio Rodríguez, con 23 anos de traballo na empresa, púxose deseguido ao volante e desviou o seu roteiro para dirixirse até o Hospital Clínico da cidade.

Os pasaxeiros e pasaxeiras, e en especial a nai e o pai da crianza, agradeceron ao condutor a súa rápida reacción, ao atendelos de inmediato e levalos ao hospital para que a nai e o bebé recibisen rapidamente atención médica.

O Consell Jurídic Consultiu da Comunitat Valenciana ditaminou que os condutores e inspectores de EMT València ostentan a condición de 'axentes da autoridade', unha categoría recoñecida no exercicio das súas funcións de control e fiscalización da pasaxe para o uso adecuado dos títulos de transporte.

Comentarios