O Camp Nou clama pola independencia de Catalunya

Tal e como estaba previsto no minuto 17 e 14 segundos da primeira parte, a amplísima maioría d@s seareiros do Barça que ateigaban o Camp Nou protagonizaron un gran berro en favor da independencia de Catalunya e despregouse unha estelada xigante.

O minuto escollido fai referencia ao 11 de setembro de 1714, data en que Barcelona era derrotada na Guerra de Sucesión coa entrada das tropas de Felipe V na capital catalá e que deu lugar á celebración da “Diada”.

Antes de que o partido, que enfrontaba o FC Barcelona co Real Madrid, e mentres atronaba o himno do Barça cantado a viva voz polo público, o estadio blaugrana mostrou un mosaico xigante con 98.000 cartóns coas cores da bandeira catalá. Tamén se despregou unha faixa co lema “Catalonia next European state” (Catalunya próximo estado europeo). As imaxes desta acción simbólica serían vistas por máis de 400 millóns de telespectador@s en todo o mundo.

Comentarios