A ONU pide unha investigación imparcial sobre a violencia policial no 1-O

Carles Puigdemont pide a medicación internacional no conflito.

ONU
photo_camera ONU

O Alto comisionado da ONU polos Dereitos Humanos, Zeid Ra'ad Al Hussein, pide unha investigación independente e imparcial sobre os actos de violencia policial do domingo en Catalunya após de recoñecer estar moi "perturbado" pola violencia en Catalunya este domingo

"Estou moi perturbado pola violencia en Catalunya. Con centos de persoas feridas, insto as autoridades españolas a que se aseguren unha investigación rigorosa, independente e imparcial sobre todos os actos de violencia", dixo Zeid a través dun comunicado. "As respostas da policía deben ser sempre proporcionadas e necesarias", engadiu o máximo responsábel de dereitos humanos da ONU.

Puigdemont

De por parte, o president da Generalitat, Carles Puigdemont, realizou un chamamento a unha mediación internacional para abordar o conflito após o sucedido este domingo. O Govern realizou unha reunión extraordinaria esta segunda feira. “Non deixaremos de insistir no que xa é un clamor. Este momento pide mediación. Temos que estar dispostos e se aparecen actores sería unha responsabilidade non aproveitalo”, dixo.

O president admitiu que hai tempo que se lles fixo chegar a dispoñibilidade neste sentido desde diferentes partes, e que estas ofertas reiteráronse nas últimas horas.  Insistiu, como o domingo, en que a Unión Europea non pode continuar a mirar cara a outro lado, e advertiu que Bruxelas tería que apadriñar estas xestións de mediación. 

Comentarios