París sae á rúa contra a ultradereita antes das votacións do domingo e tras a retirada de 224 candidaturas

Emmanuel Macron descarta gobernar con LFI para parar a RN.
Manifestación contra a extrema dereita a cuarta feira en París, Francia. (Foto: Nida Kirmani)
photo_camera Manifestación contra a extrema dereita a cuarta feira en París, Francia. (Foto: Nida Kirmani)

Milleiros de persoas acudiron a cuarta feira en París, a capital francesa, a unha mobilización contra a ultradereita convocada por un centenar de medios de comunicación independentes, sindicatos e asociacións.

A protesta mantén a presión na rúa contra a Reagrupación Nacional (RN), a forza de extrema dereita de Marine Le Pen que segundo as enquisas conta con posibilidades de facerse o domingo coa maioría absoluta na segunda volta das eleccións á Asemblea Nacional e contra a que xa se organizaron múltiples e masivas manifestacións desde a súa vitoria nos comicios ao Parlamento Europeo deste mes.

Segundo a lista final difundida polo Ministerio de Interior 224 candidaturas retiráronse da segunda volta, delas 134 da esquerda e 82 de Xuntos pola República e aliados, a coalición do presidente Emmanuel Macron, co fin de dificultar a vitoria nesas circunscricións de candidaturas da RN.

Ante a hipótese de que a extrema dereita non chegue ao poder, Macron descartou que existan opcións para un Goberno de Xuntos coa Francia Insubmisa (LFI), integrada na Nova Fronte Popular (NFP).

Comentarios