A querela por rebelión podería atinxir todo o Govern e a Mesa do Parlament

Se a DUI se vota no Parlament, o fiscal xeral do Estado estenderá a súa querela por delito de rebelión aos membros da Mesa -de maioría soberanista- que dean luz verde á votación.

Carme Forcadell
photo_camera Forcadell beixa unha simpatizante soberanista con Raül Romeva en segundo plano.

A maquinaria represiva do Estado ten neste momento no seu albo Carles Puigdemont como líder da rebelión catalá, mais, segundo fontes citadas por La Vanguardia, a querela por rebelión que prepara a Fiscalía Xeral do Estado se estendería ao conxunto de todo o Govern, a atinxir, portanto, tamén o vicepresident Oriol Junqueras.

Iso significa que Junqueras moi verosimilmente non se podería apresentar ás eleccións autonómicas catalás que Madrid pretende convocar en aplicación do 155.

Mais os cargos por rebelión poderían formularse tamén contra os membros da Mesa do Parlament que validen a proposta de resolución de JxSí e CUP -contra a cal existen informes en contra por parte dos letradods da cámara- e permitan, por tanto, que se vote a DUI.

De facto durante as últimas semanas Carme Forcadell, a presidenta da Cámara, mostrou a súa reticencia a que a DUI se votase, a defender o criterio de que bastaría unha declaración formal por parte do president sen a submeter a votación.

Comentarios