Tal e como se agardaba, o candidato á presidencia da Generalitat , Quim Torra, non superou a primeira votación para ser investido. Obtivo o apoio do seu grupo, Junts per Catalunya, e de ERC: 66 votos, incluídos os dous votos delegados do exterior, o de Carles Puigdemont e Toni Comín, exiliados en Alemaña e Bélxica, respectivamente.
Os 4 deputados da CUP abstivéronse e Torra recibiu o voto en contra de Ciudadanos, PSC, Catalunya en Comú e PP (65)
Así pois, o candidato non logrou a maioría absoluta que o regulamento fixa para ser investido en primeira votación. A segunda feira Torra enfrontarase á segunda volta e votación final para ser investido. Aquí precisará simplemente maioría simple. Mañá domingo a CUP decidirá o seu posicionamento final a respecto de que votar en segunda feira. De se repetir o resultado deste sábado – coa abstención da CUP- será elixido o 131º presidente da Generalitat.