Soldados israelís asaltan unha casa palestina para deter a unha crianza de 4 anos

O pelotón do exército levaba unha orde que lles autorizaba a deter a Mohamed al Mayid, de 4 anos, por ser o presunto agresor dun colono. Nos últimos días, os soldados arrestaron a tres nenos de 9, 10 e 11 anos.

Un pelotón de soldados do exército de Israel irrompeu na escuridade da noite nunha vivenda dun barrio de Xerusalén. Unha operación habitual: Patada na porta, berros, golpes, fusís apuntando a civís...O oficial ao mando do pelotón dirixiuse ao varón máis maior e ordenoulle que enumerase a todos os seus fillos.

O pai pregoulle os soldados que collesen leite e cueiros ''porque o neno aínda os precisa''

Paso seguinte, o mando dos soldados israelitas esixiulle que trouxese á sala a Mohamed, pois tiñan unha orde de arresto contra el, acusado de de agreder a un colono israelita. O pai, nese momento, obxectou que debía haber algún erro pois Mohamed tiña catro anos de idade. O oficial exixiu que o levasen diante súa.

O pai de Mohamed, Al Mayid, pregou aos soldados israelís que se o levaban preso polo menos collesen o leite e os cueiros porque o seu fillo aínda os precisaba. Mais non foi necesario, pois nesta ocasión os soldados abandonaron a vivenda sen arrestar o menor.

O relato dos feitos foi recollido polos traballadores do Centro de Información do barrio de Silwan.

Final feliz?

Foi isto un final feliz? Mohamed non foi arrestado. Mais uns días antes os soldados israelís detiveron a Ahmed Dahbour, de 9 anos, Fadi Gafari, de 11, e o seu irman Mohammed, de 10, así coma os xemelgos Mohammad e Abdul Rahman Hijazi. Acusados de guindar pedras contra vehículos militares israelítas. En agosto, o exército de Israel xustificou a detención en Hebrón o translado a un centro de internamento dun neno de 5 anos.

No barrio onde trascorreron os feitos, o Exército de Israel procedeu a derrubar o único lugar de lecer infantil que había en toda a a área.

Calcúlase que entre 1967 e a actualidade por volta de 200.000 menores palestinios teñen sido detidos polos israelís. Mesmo existe unha prisión, Campamento Offer, departamento número 2 do Xulgado Militar, para nenos.

Comentarios