A ultradereita de Farage supera os conservadores de Sunak por primeira vez nas enquisas

Segundo unha sondaxe publicada por Times, Reform UK adianta o partido do actual primeiro ministro, Rishi Sunak.
Nigel Farage, lider de Reform UK. (Foto: Europa Press / Contacto / Tejas Sandhu).
photo_camera Nigel Farage, lider de Reform UK. (Foto: Europa Press / Contacto / Tejas Sandhu).

O partido populista e de ultradereita liderado por Nigel Farage, Reform UK, supera por primeira vez o Partido Conservador do primeiro ministro británico, Rishi Sunak, segundo revela unha enquisa publicada esta quinta feira por Times.

De acordo cos resultados desta sondaxe, elaborada por YouGov, Reform UK obtería 19% dos votos fronte 18% que conseguiría o Partido Conservador. Polo que se refire á intención de voto, o Partido Laborista, na oposición, encabeza as enquisas.

O estudo, realizado esta mesma semana, tras o compromiso do primeiro ministro de reducir os impostos en 17 mil millóns de libras (uns 20 millóns de euros) de saír elixido, contou con 2.211 respostas.

Avance progresivo

A tres semanas de que se celebren as eleccións anticipadas no Reino Unido, convocadas por Sunak para o 4 de xullo, Reform UK mantén unha tendencia ascendente, que de se confirmar consolidaría o avance da dereita radical que se observa no conxunto de Europa.

Farage, coñecido pola súa campaña de apoio ao Brexit, anunciou o seu regreso á política coa mirada posta no 4-X, presentándose a súa candidatura a deputado e asumindo o liderado do partido.

Reform UK, fundado en 2018 co nome de Brexit Party, apoia causas populistas, como o endurecemento das leis de inmigración.

Cambio

"Este é o punto de inflexión. O único voto desperdiciado agora é o voto a Partido Conservador", dixo Farage nunha mensaxe en X tras saber dos números avanzadas por Times.

Porén, outras sondaxes sitúan o Partido Conservador por diante do Reform UK. E aínda que o Reform UK supere a formación de Sunak na votación do 4 de xullo, apuntan os analistas, nada garante ao partido de Nigel Farage a conquista dun número superior de asentos no Parlamento.

Comentarios