“-En que puedo ayudarle?
-Boa tarde, non teñen atención en galego?
-En alemán, inglés, español o francés
-En galego non é posibel”
A conversa responde a unha chamada real, realizada a un número correspondente, neste caso ao Banco Santander. O interlocutor reclama ser atendido na nosa lingua e topa coa resposta de que “en gallego no es posible”.
A chamada convértese agora no novo spot da Mesa pola Normalización e a CIG-Centros e chamada dentro da campaña “Queremos atención en galego, queremos traballo aquí!”. Ademais de pedir que usuarios e usuarias reclamen seren atendidos na nosa lingua lembran que nos últimos anos se deslocalizaron máis de 2.000 postos de traballo na Galiza nos centros de chamadas, nun tempo no que máis de 100.000 mozas e mozos se viron na obriga de emigrar.