pirucho .- (Ademais doutros moitos significados) Adoita pórselle como alcume a unha persoa pequena.
Lugar de escoita.- Sur de Galiza.
Fonte.- C.D. Atalaia de Vigo./ (Fátima Castro Castiñeiras).
sacán/sacana.- Persoa de mala sona.
Lugar de escoita.- O Barbanza.
Fonte.- Constantino Prego.
sacometeiro.- Persoa que fai cousas ás agachadas, por tras: facer sacometadas.
Lugar de escoita.- O Barbanza.
Fonte.- Constantino Prego.
tangaleirán.- Persoa de pouco espírito.
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.
tarambeilán.- Dise da persoa irreflexiva e atolada, tarabelo.
Exemplo: “Como é tan tarambeilán, non atopa quen faga negocios con el”.
Lugar de escoita.- Burela (Mariña luguesa).
Fonte.- Mario Ferreira López.
trondia.- Persoa despistada e ignorante, que anda ou actúa sen rumbo.
Exemplo: “Ese é un trondia, que non fai cousa con cousa”.
Lugar de escoita.- Moraña e bisbarra.
Fonte.- Xosé Monteagudo.
urcado.- Persoa posuída e perigosa, capaz de causar mal e da que hai que procurar afastarse.
Lugar de escoita .- Valdeorras.
Fonte.- Ánxeles Ferrer.