ERC afirma que “a causa da consulta en Cataluña é a causa da democracia”

Oriol Junqueras critica a PP e PSOE por “dificultar o referéndum do 9 de novembro e querer prohibir o exercicio da liberdade” e chama "retrógrada" á Casa Real española.

Junqueras
photo_camera Junqueras

O líder de ERC, Oriol Junqueras, afirmou este sábado en Barcelona que a negativa do Goberno central e de PP e PSOE á celebración dunha consulta soberanista o 9 de novembro “converte a causa independentista de Catalunya na causa da democracia”.

Na súa intervención durante o Consell Nacional do partido, o ex-eurodeputado afirmou que “desde a convicción de que a democracia é moito máis lexítima que a non-democracia é incuestionábel que o Goberno e os partidos españois fannos algo semellante a un favor porque nos axudan a ser entendidos pola sociedade catalá e a comunidade internacional”.

“A causa da democracia é moito máis lexítima que a causa dos que queren prohibir o seu exercicio”, dixo Junqueras, quen engadiu que son “perfectamente conscientes de que o executivo central, PP e PSOE non poñerán as cousas fáciles para a celebración da consulta”.

ERC tamén aprobou un documento no que cualifica á Casa Real española como “caduca e retrógrada”. A formación independentista vén de gañar as súas primeiras eleccións desde o golpe franquista nas europeas.

Máis en Països Catalans
Comentarios