"Eu non vin nin escoitei nada"

A vice-presidenta do Goberno español asegura non saber nada sobre os sobresoldos pagados por Bárcenas á cúpula do PP.

En conferencia de imprensa após o Consello de Ministr@s, a vice-presidenta do Goberno español asegurou aos medios de comunicación que ela non vira nin escoitara nada a respecto dos supostos pagamentos que Luís Bárcenas tería realizado a dirixentes do PP durante dúas décadas empregando diñeiro negro. Soraya Saénz de Santamaría escorregaba o bulto e remitía ao partido a resposta máis demandada esta sexta feira.

Cospedal: "No PP, quen a fai págaa e cada pao terma da súa candea"

Porén, a número dous do Goberno Rajoy dixo demandar unha investigación en profundidade "e que se siga até o final" o caso destapado polo diario español El Mundo, ao tempo que asegurou que de ter sabido, "non calaría".

No día de hoxe, todas as olladas estaban postas en Xénova. Desde a sede do PP en Madrid, respostaba con rotundidade a secretaria xeral do partido, María Dolores de Cospedal e rexeitaba apoiar a calquera militante que puider verse inmerso no escándalo, "no PP, quen a fai págaa e cada pao terma da súa candea".

Comentarios