Aduanas rexistra de novo o concello de Santiago

Axentes da Axencia Tributaria desenvolven esta cuarta feira un outro rexistro nas dependencias municipais do concello compostelán.

Á fin de continuar coas investigacións iniciadas no decorrer da operación 'Manga', axentes do Servizo de Vixilancia Aduaneira desenvolven esta mañá no Concello de Santiago a recollida de información informática. Os axentes recabarán correos electróinicos ao tempo que levarán a cabo unha copia de seguridade do servidor do Concello que data da etapa do goberno anterior liderado por Gerardo Conde Roa, en liberdade con cargos por delitos de prevaricación, tráfico de influencias e suborno a funcionar@s. 

Comentarios