Ana Miranda, observadora internacional no xuízo aos 24 presos saharauís de Gdeim Izik

 “Este é un xuízo político e que vulnera os dereitos humanos”

Ana Miranda
photo_camera Ana Miranda

A portavoz do BNG en Europa Ana Miranda, asistirá este domingo como observadora internacional á reapertura en Rabat do xuízo contra os 24 presos políticos saharauís do campamento da Dignidade Gdeim Izik.   “Este é un xuízo político e que vulnera os dereitos humanos e que vai contra a defensa do dereito á libre determinación do Pobo Saharauí, nunha actitude colonial e déspota por parte de Marrocos”, afirma Ana Miranda.

Incide en que “ademais de non existir probas e de inventalas, empregouse a tortura e abusos manifestos que non foron considerados na causa”. Ademais, argumenta a nacionalista, o proceso xudicial é inválido por celebrarse fora dos territorios ocupados, segundo o Dereito Internacional. 

Comentarios