O secretario xeral do PSOE galego, Xosé Ramón Gómez Besteiro, confirmou que @s deputad@s galeg@s do grupo socialista “aceptarán o que se decida maioritariamente” en relación ao modelo de Xefatura do Estado tras o anuncio de abdicación de Juan Carlos I, o que na práctica supón que votarán a prol da sucesión borbónica sen ningún tipo de consulta á cidadanía, tal e como quere a cúpula socialista.
Nunha entrevista concedida á Radio Galega, Besteiro remarcou que “@s galeg@s forman parte dun grupo parlamentario, que é o grupo socialista a nivel de todo o Estado, polo que aceptarán a decisión de tod@s”. Malia isto, Besteiro declarouse “claramente republicano” e defendeu a necesidade de abordar un “debate moito máis amplo” sobre o Estado que “sirva para os próximos 40 anos”.
Pokémon
Por outra banda, sobre o feito de que Pilar de Lara, a xuíza instrutora da Pokémon, abrise unha peza separada para investigar a súa etapa como edil de obras en Lugo e unhas reformas realizadas no seu domicilio, Besteiro dixo sentirse “absolutamente tranquilo”.