O BNG interrompe as negociacións co PSOE sobre as deputacións

A fronte nacionalista adopta a decisión perante a “falla de avances reais” nas negociacións e a teimosía socialista en apoiar un imputado para presidir a entidade de Lugo.

Consello Nacional do BNG (Foto: Efe)
photo_camera Consello Nacional do BNG (Foto: Efe)

O BNG decidiu suspender as negociacións co PSdeG ante o que entende que sé unha “falta de avances reais na negociación dun acordo político programático nacional”, un paso que @s nacionalistas entenden como indispensábel para abrir unha nova etapa no funcionamento das deputacións “no camiño da súa desaparición a través da transferencia de competencias e recursos cara a Xunta e os concellos”.

O BNG, ademais, reiterou ao PSdeG que non vai dar o seu apoio para asumir a presidencia da Deputación de Lugo a ningún cargo público imputado. Nesta liña apelou á responsabilidade d@s socialistas para que formulen unha proposta que poda facilitar un goberno alternativo ao PP no ente provincial e, iso si, sempre cun acordo programático previo. O Bloque considera que “non son tempos para decisións unilaterais, menos na conformación de órganos de goberno. O resultado do 24M deixa claro que a cidadanía quere diálogo, negociación e abrir un cambio en profundidade nas administracións locais”.

Comentarios