O BNG pide investigar todas as adxudicacións do sector público galego con Villar Mir

O grupo parlamentar nacionalista formalizou a petición no rexistro do Parlamento. 

G.p do BNG rexistrando o Plan Retorna

O BNG formalizou no Parlamento a solicitude de creación dunha comisión de investigación para fiscalizar as adxudicacións, contratos, autorizacións, concesións “e, en xeral, todas as relacións” do Grupo Villar Mir co sector público galego. Unha petición que fai un fincapé especial  “no seguimento, análise e investigación do intento de segregación e venda ilegal das centrais dos ríos Xallas e Grande” por parte de Ferroglobe.

Esta solicitude prodúcese após o propietario de Ferroatlántica ser imputado na Operación Lezo, na que a Xustiza investiga unha nova trama de corrupción e suposto financiamento ilegal do PP.  O BNG informa que vai inicira contactos para recadar o apoio das demais forzas políticas para a creación desta comisión de investigación. Neste sentido, os nacionalistas confían no apoio a esta proposta dos outros grupos parlamentares.

O BNG lembra na proposta parlamentaria a “xenerosa” doazón do empresario investigado á Fundación Manuel Fraga, a adxudicación a dedo por 1,3 millóns de euros da xestión dos albergues do Camiño de Santiago á construtora OHL propiedade de Villar Mir, así como outras adxudicacións como a nova liña de atraque no porto vigués de Bouzas por 4,1 millóns de euros ou o contrato para mellorar o calado do Porto de Punta Langosteira por importe de 785.000 euros.

Comentarios