BNG quer a xestión das bolsas e un financiamento universitario equiparábel á media estatal

A candidata do BNG á presidencia da Xunta, Ana Pontón, abriu esta segunda feira unha rolda de contactos cos reitores glaegos. Fíxoo en Vigo con Salustiano Mato.

PONTON E MATO SEDE REITORADO UNIVERSIDADE VIGO (1)

Após a reunión co reitor da Universidade de Vigo, a portavoz nacional do BNG e candidata á presidencia da Xunta avanzou, nun encontro cos meios, que o programa eleitoral da formación frentista incluirá a demanda da transferencia da xestión das bolsas de estudos e un financiamento para a universidade galega equiparábel ao promedio estatal.

De acordo coa información facilitada polo Bloque, o Estado español dedica ao seu sistema universitario un 1,04% do PIB, en tanto que na Galiza esa cifra apenas chega ao 0,8%.

A portavoz nacional do BNG outorga ao sistema universitario condición de "puntal na política de desenvolvimento económico no país". Nese sentido, ao seu xuízo o investimento en I+D+I ten carácter "estratéxico", así como tamén o ten a súa conexión coas empresas, pondo como exemplo a Universidade de Vigo. Canto á xestión das bolsas por parte do Goberno galego, afirmou: "Tamén é importante para adaptala ás necesidades da realidade do noso estudantado”, indicou".

O Estado español dedica ao seu sistema universitario un 1,04% do PIB, en tanto que na Galiza esa cifra apenas chega ao 0,8%

Todo isto pasa necesariamente por deixar atrás as políticas de contracción do gasto público do PP e nese sentido salientou que a achega da Xunta nas universidades galegas é en 2016 menor do que foi en 2009.

No encontro co reitor -ao que tamén asistiu o responsábel local do BNG, Manuel Caride-, a candidata nacionalista á presidencia da Xunta advogou por un maior compromiso financeiro do goberno galego coas universidades e, vinculado con iso, propuxo un plano estratéxico de I+D+I "e un plano de titulacións axeitado á realidade actual",

Comentarios