Falece aos 46 anos a ex-ministra socialista Carme Chacón

Padecía do corazón, cardiopatía conxénita. A familia deu o sinal de alerta após non podela localizala desde a noite do sábado.

carme chacón
photo_camera Carme Chacón.

Carme Chacón, ministra de Defensa no goberno de Rodríguez Zapatero , faleceu en Madrid aos 46 anos de idade. A familia e amizades non podía localizala desde a noite do sábado polo queunha amiga desprazouse até o seu domicilio en Madrid, onde atoparon o seu corpo. Chacón padecía do corazón.

Carme Chacón, militante do PSC e membro da executiva socialista, foi eleita deputada no ano 2000. Catro anos despois foi nomeada vice-presidenta do Congreso até que en 2007 pasou ocupar o cargo de ministra de Vivenda e, en 2008, de ministra de Defensa. No Congreso do PSOE de 2012 presentouse como candidata a secretaria xeral, perdendo por 22 votos fronte a Pérez Rubalcaba. 

Dous anos máis tarde foi elexida para ocupar o cargo de secretaria de Relacións Internacionais do PSOE, posto que abandonaría no 2016. Deixou a acta de deputada e traballaba nun bufete de avogados.

Comentarios