Lores reivindica a construción da A-57 como vial alternativo á AP-9

Defende a necesidade dunha circunvalación na cidade.

Miguel Anxo Fernández Lores
photo_camera Miguel Anxo Fernández Lores

Os grandes atascos producidos na AP-9 nalgúns días das vacacións se Semana Santa, con retencións de até 5 quilómetros na contorna de Pontevedra, fan que volva estar sobre a mesa un vial alternativo á Autoestrada, que permita desviar o tráfico pesado e ‘desconxestione’ a AP-9. Así o entende o alcalde de Pontevedra, Fernández Lores, que ve na A-57 unha alternativa, polo que supón de conexión do ‘hinterland’ do Porto de Vilagarcía, Compostela, o polígono de Barro, e a zona industrial de Porriño e Portugal “sen necesidade de pasar pola autoestrada”.

Para o rexedor pontevedrés, “esa é a solución” e lembrou que unha conexión deste tipo é unha demanda de vello da cidade, “que é a única cidade que non ten circunvalación libre de peaxe que non sexa autopista”.

Comentarios