Podemos lembra que o candidato para En Marea ten que pasar por primarias

Carmen Santos di que non se pode “as bases do proxecto político” e que o aspirante debe ser eleito en primarias. Gostaría de que fose unha muller.

carmen santos podemos
photo_camera carmen santos podemos

A comezos de semana desde Anova consideraban a escolla da candidatura para a Xunta unha "tarefa urxente" a resolver en "dúas semanas". Outra das tres patas organizativas de En Marea, Esquerda Unida, manifestaba a través da súa coordenadora, Yolanda Díaz, que non se podía chegar ao 25 de xullo sen candidato. Mais o terceiro alicerce da coligazón, Podemos, entende que o proceso debe ter outro ritmo. A súa secretaria xeral, Carmen Santos, apostou en elexir o candidato ás eleccións galegas “o antes que se poida” mais sen que isto supoña anteporse ao baseamento “do proxecto político”. Isto sería o prioritario e despois si, escoller o candidato. Mais esa elección terá que ser por primarias, engadiu, algo que algún dos seus socios non contemplaba por mor do escaso tempo que fica.

Santos fixo estas declaracións aos medios de comunicación antes de tomar parte na Estrada na xuntanza do Consello Galego de Podemos. A secretaria xeral tamén mandou unha mensaxe: Podemos Galiza respecta a oponión dos seus socios (Anova e Esquerda Unida) sobre como elexir o seu aspirante, mais lembrou que o partido podemita “ten a súa propia folla de ruta”. Recoñeceu, nestas declaracións, que “imos intentar acelerar os tempos ao máximo” mais sempre “dentro do sentidiño” e recalcando que a escolla ten que ter unha “validación” polas bases. E mostrouse partidaria de que a aspirante sexa “unha muller”.

Comentarios