38% das persoas que traballan no sector agrario na Galiza son asalariadas

O aumento do persoal asalariado no agro galego dáse parello a un cambio na realidade das explotacións: as granxas con máis de 100 cabezas de gando suman xa 43% das vacas da Galiza, malia representar só 9% das explotacións. As 10.000 granxas pequenas (41%) son as que concentran o feche de granxas.

Explotación láctea galega (Foto: Europa Press). #gandaría #leite #sectorlácteo #vacas
photo_camera Explotación láctea galega. (Foto: Europa Press).
Comentarios