Redacción 08/feb./22 - 13:01 Actualizado: 08/feb./22 - 18:00 Seguinte chevron_right As persoas que padeceron a Covid-19 teñen un maior risco de desenvolver complicacións cardiovasculares no primeiro ano despois da infección, segundo vén de revelar un estudo de investigadores da Facultade de Medicina da Universidade de Washington (EUA). A investigación, que se publicou na revista Nature Medicine, sinala que algúns destes problemas son ritmos cardíacos disruptivos, inflamación do corazón, coágulos de sangue, accidente cerebrovascular, enfermidade das arterias coronarias, ataque cardíaco, insuficiencia cardíaca ou mesmo a morte. "Queriamos basearnos na nosa investigación anterior sobre os efectos a longo prazo da Covid ao observar máis de perto o que sucede nos corazóns das persoas. O que estamos a ver non é bo. A Covid-19 pode provocar complicacións cardiovasculares graves e a morte. O corazón non se rexenera nin se repara facilmente despois dun dano cardíaco. Estas son enfermidades que afectarán as persoas para sempre", explica o autor principal da investigación, Ziyad Al-Aly. Neste senso, o investigador apunta que esta situación contribuíu a 15 millóns de novos casos de enfermidades cardíacas. O equipo de investigación contou cos datos de máis de 153.000 persoas que deran positivo por Covid-19 nalgún momento desde o 1 de marzo de 2020 até o 15 de xaneiro de 2021, e que sobreviviran os primeiros 30 días da enfermidade. "O máis notábel é que as persoas que nunca tiveron problemas cardíacos e que se consideraban de baixo risco tamén están a desenvolver problemas cardíacos despois da Covid-19. Os nosos datos mostraron un maior risco de dano cardíaco para mozos e anciáns; homes e mulleres; persoas de todas as razas; con obesidade e sen ela; persoas con diabetes e as que non; persoas con enfermidades cardíacas previas e sen enfermidades cardíacas previas; persoas con infeccións leves de Covid e aquelas con Covid máis grave que necesitaban ser hospitalizadas por iso...", detallou Al-Aly. As persoas que padeceron a Covid-19 teñen o dobre de posibilidades de contraeren unha cardiopatía De feito, a investigación concluíu que as enfermidades cardíacas, incluídas a insuficiencia cardíaca e a morte, ocorreron en 4% máis de persoas que contraeran o virus. En concreto, as persoas infectadas co virus tiñan 55% máis de probabilidades que as persoas sen Covid-19 de sufriren un evento cardiovascular adverso importante, que inclúe ataque cardíaco, accidente cerebrovascular e morte. Etiqueta corazón pandemia Covid-19 Seguinte chevron_right
SOCIAL Detido un profesor de taekwondo da Mariña por proferir insultos machistas, xenófobos e homófobos nas súas clases Redacción 16/xul./24 12:02
SOCIAL Aparecen novos contedores incendiados na Coruña noutra xornada de folga con lixo nas rúas e sen acordo Redacción 16/xul./24 10:07
SOCIAL A Rede Educativa LGBTIQ+ denuncia un caso de "censura": "Ordenáronme retirar os carteis de moi malas formas" Susana Rois 16/xul./24 7:51
SOCIAL 25 entidades denuncian "vulneración de dereitos da cidadanía do rural" X. M. P. 15/xul./24 21:06
SOCIAL O Departamento de Historia da Arte da USC pide parar o proxecto de Altri E. B. 15/xul./24 19:33 A Rede do Rural presenta o seu informe anual: "É fundamental frear, tal e como está exposta, a posíbel implantación de Altri"
A Rede do Rural presenta o seu informe anual: "É fundamental frear, tal e como está exposta, a posíbel implantación de Altri"
SOCIAL A Rede do Rural presenta o seu informe anual: "É fundamental frear, tal e como está exposta, a posíbel implantación de Altri" Redacción 15/xul./24 17:28
SOCIAL Consulta aquí os graos que fecharon a admisión nas universidades galegas: máis de 60% das carreiras cubriron todas as prazas Redacción 15/xul./24 15:34