A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 224, o que supón 3 menos ca onte.
Deses 224 casos, 27 son da área da Coruña, 160 da de Lugo, 4 da de Ourense, 8 da de Pontevedra (1 máis), 17 da área de Vigo (1 máis), 7 da de Santiago (-5), e 1 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 permanece en UCI, 6 están en unidades de hospitalización e 217 no domicilio.
Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.018 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 229.082.
Dentro do total de casos rexistrados na Galiza hai un vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade, que corresponde a un traballador, mentres as residencias seguen sen persoas usuarias infectadas