A Garda Civil do porto principal de Oleiros detivo un home, veciño da Coruña, como presunto autor dunha agresión sexual a unha rapaza menor de idade durante a celebración das festas de Perillo.
Segundo informaron fontes da Comandancia, os feitos ocorreron o pasado 16 de maio e a vítima foi atendida inicialmente polo persoal do Punto Violeta instalado polo Concello de Oleiros para a asistencia a posíbeis vítimas de violencia machista.
O persoal deste posto activou de forma inmediata o protocolo previsto e deu aviso ás forzas e corpos de seguridade. A partir de aí, a Garda Civil iniciou unha investigación que resultou complexa, xa que a vítima descoñecía a identidade do presunto agresor.
Após analizar os datos achegados pola menor e coa información solicitada durante a investigación, os axentes lograron a identificación plena do suposto autor da agresión. Unha vez identificado, a Garda Civil procedeu á súa detención.