Un grupo de estudantes da Universidade de Santiago concentrouse ás portas da Facultade de Ciencias Políticas para defender os dereitos académicos dos presos independentistas, denunciando os atrancos e dificultades que sofren no se u intento de cursar estudios.
“Na cadea non cesan as limitacións para a continuidade dos estudos das presas independentistas, dende prezos inaccesíbeis para conseguir material académico, pasando pola imposibilidade de cursar mestrados e chegando a pór sancións retirando o dereito a exame”, segundo denuncian desde Erguer.