A produción de ameixa caeu un 62% desde 1997

Ferrol, unha ría que agoniza

O saneamento integral da ría de Ferrol non rematará, malia a propaganda, antes de 2020, mais daquela o seu estado será crítico e as condicións económicas do sector marisqueiro, cada vez máis precarias. Mesmo nese horizonte, o esteiro non volverá recuperar o esplendor de antano sen unha aposta decidida da Xunta na rexeneración.

Ría de Ferrol_Surcando
photo_camera Ría de Ferrol [Imaxe Surcando]