O Boletín Oficial do Estado publicaba esta segunda feira a convocatoria dos Premios Nacionais de Investigación 2021 por parte do Ministerio de Ciencia e Innovación.
Uns galardóns nos que hai 10 modalidades, todas elas nomeadas co nome dun investigador ou científico. Todos homes, ningunha muller.
Un feito que non pasou desapercibido e que xa tivo resposta nas redes sociais. Unha das respostas foi desde a Rede Galega de Investigación (@InvestiGal): “Ollade os nomes das 10 modalidades...cero mulleres, CEEEROOO!”.
Hoxe publicanse no BOE os Premios Nacionais de Investigación. Ollade os nomes das 10 modalidades...cero mulleres, CEEEROOO!😠 Comparte este chío propoñendo o nome dunha muller investigadora que merece que 1 premio leve o seu nome! Comenzamos nós: María Blasco #IgualdadeRealXa pic.twitter.com/UhgdGybmEs
— InvestiGal (@InvestiGal) September 27, 2021
Este colectivo convidaba a usuarios e usuarias a, en protesta, chiar en twitter “propoñendo o nome dunha muller investigadora que merece que 1 premio leve o seu nome! Comenzamos nós: María Blasco #IgualdadeRealXa”.
A idea difundiuse e nas redes foron aparecendo nomes de investigadoras e científicas: Jimena Fernández de la Vega, Ángeles Alvariño, María Wonenburger, Margarita Salas, María José Alonso, Ángela Ruíz Robles…