María Osorio xa está en liberdade. Na mañá desta sexta feira abandonou o cárcere de Mansilla de las Mulas (León), onde a agardaban familiares e amigos para recibila e darlle unha primeira benvida antes de partir cara Galiza.
A apenas dous quilómetros do cárcere leonés, un control da Garda Civil procedeu a identificar as amizades e familiares que foron recibir a presa independentista.
Aliás, durante o acto, e como aseguran testemuñas, había axentes á paisana sacando fotos á ente que tomaba parte no mesmo.
A veciña de Becerreá pasou case seis anos en diversos cárceres españois, sometida a dispersión penitenciaria e clasificada como FIES-3 (o que se aplica a presos independentistas galegos).
María Osorio foi detida en decembro de 2011 en Lugo canda o seu compañeiro, Antom Santos, acusada de pertenza a Resistencia Galega. A Audiencia Nacional condenouna a 10 anos de prisión, pena que foi reducida após a presentación de diversos recursos.