Expertos chaman á precaución: "Aínda que as vacinacións comecen en xaneiro nada mudou, temos que protexernos"

A Comisión Europea avanzou o inicio das campañas de vacinación fronte a Covid-19 a finais do mes de decembro se a Axencia Europea de Medicamentos o autoriza. Malia a súa proximidade, os expertos lembran que frear a propagación do coronavirus  require inmunizar 70% da cidadanía. Na Galiza, só 4,5% da poboación contraeu a enfermidade. De cara aos vindeiros meses piden paciencia e urxen a seguir cumprindo coas medidas de seguridade.   

O actor británico Ian McKellen recibe a vacina de Pzifer e BioNTech na campaña de inmunización (Imaxe: Jeff Moore / Jeff Moore via PA Med / DPA)
photo_camera O actor británico Ian McKellen recibe a vacina de Pzifer e BioNTech na campaña de inmunización (Imaxe: Jeff Moore / Jeff Moore via PA Med / DPA)
Comentarios