Xustiza

Arrinca o xuízo contra o autor confeso do triplo crime de Valga, que se enfronta á prisión permanente revisábel

José Luís Abet agardou a ex parella na porta do garaxe cando levaba os fillos, de catro e sete anos, á escola. Asasinouna a tiros e cando abandonaba a escena do crime topouse coa ex sogra e a ex cuñada, ás que tamén matou. Logo entregouse e confesou o triplo crime.
O autor confeso do asasinato da súa ex muller, a ex cuñada e a ex sogra en Valga, identificado como José Luis Abet. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera O autor confeso do asasinato da súa ex muller, a súa ex cuñada e a súa ex sogra en Valga, identificado como José Luis Abet. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)