Galiza rexistrou no primeiro cuadrimestre un total de 3.130 traballadores afectados por un expediente de regulación de emprego (ERE), o que supón un incremento do 53% a respeito dos que estiveron nesa mesma situación nos primeiros catro meses de 2015, 2.036. Ese ano houbo, entre xaneiro e decembro, 6.267 afectadas por un ERE.
Desas 3.130 persoas que sofreron un expediente de regulación de emprego no primeiro cuadrimestre deste ano, a gran maioría foron por un ERE suspensivo (2.208), mentres que por un expediente extintivo foron 533 e por redución de cotrnada, 389. Segundo os dados do Instituto galego de estatística, entre xaneiro de 2012 e abril de 2016 houbo 90.556 traballadores afectados por un expediente de regulación de emprego. O ano con máis EREs foi o 2012, con perto de 29.000 traballadores.