Traballadores do Consorcio inician calendario de mobilizacións

Demandan a aplicación do V Convenio de persoal laboral da Xunta e a apertura de novas listas de agarda.

concentración consorcio

Persoal do Consorcio e representantes da CIG concentráronse diante do Consorcio galego de Igualdade e Benestar e centros de traballo de toda Galiza para exixir a aplicación do V Convenio do Persoal laboral da Xunta de Galiza para todas as traballadoras/ do organismo. Exixiron, ademais, a apertura de novas listas de agarda. 

Encetan así un calendario de mobilizacións que se repetirán todas as quintas feiras diante dos distintos centros de traballo do Consorcio no país. O persoal demanda a inmediata apertura de negociacións para a súa inclusión no V Convenio, de cara a conseguir o recoñecemento duns dereitos que se lles negan. O persoal do Consorcio leva nos seus postos de traballo desde o ano 2.007, “sen posibilidade de permutar nin de participar nun concurso de traslados, polo que a creación destas 100 prazas é a mellor  oportunidade para emendar esta situación e acabar coas prácticas caciquís e servís do partido popular.”

A CIG considera que é “inaceptábel” que a mala xestión da Xerencia do Consorcio, negándose a abrir as listas de substitucións “leve a que as traballadoras e traballadores teñan que aprazar as súas visitas médicas ou renunciar a días de asuntos propios para que as Galescolas poidan seguir funcionando”.

Comentarios