A primeira hora da mañá desta sexta feira varias barricadas cortaban a estrada principal de acceso que leva á factoría de Alcoa en San Cibrao. Grupos de traballadores prenderon lume a palés e pneumáticos, nun protesto contra a decisión da empresa de despedir máis de 500 traballadores e fechar a factoría de aluminio.
O comité de empresa reúnese na mañá desta sexta feira para acordar un calendario de mobilizacións contra a medida anunciada pola empresa. Ao tempo, desde concellos da comarca da Mariña apóstase en establecer unha coordinación para dar resposta ás medidas anunciadas por Alcoa.
O persoal de Alcoa San Cibrao comeza a resposta ao anuncio da empresa de pechar a planta de alumunio e botar a máis de 800 persoas (da principal e auxiliares). Hoxe hai asemblea de traballadores/as para decidir as medidas e accións a levar adiante.
— CIG (@galizaCIG) May 29, 2020
#AlcoanonSePecha pic.twitter.com/BwbVqQ3UKD